Seleccionar página
Pórtico de San Fiz  de Solovio

 

Portada de San Fiz de Solovio, considerada a igrexa máis antiga de Compostela. Derrubada por Almanzor no 997 e reconstruida por Xelmirez no século XII. Da súa fábrica románica só se conserva dita Portada, datada no ano 1316. No seu tímpano represéntase a Epifanía, coa Virxe e o Neno, os Reis Magos, San Xosé e Xoán Debe – doante da obra – de xeonllos ante a Virxe. Podense ver restos de policromía nas figuras e unha inscripción no lintel da porta.

 

 

 

Elipse